Traballa connosco
Ofertas de emprego
Oferta de emprego
Arume Labs, centro de preparación de exames e apoio escolar, selecciona profesor/a de matemáticas para impartir clases nas súas instalacións en Ourense, Galicia.
Como parte do noso proceso de expansión, ofrecemos un entorno de traballo organizado, orientado á excelencia académica e con oportunidades para o desenvolvemento profesional. Para poder considerar unha candidatura como apta, será necesario cumprir cos seguintes requisitos:
Docente de matemáticas
Ourense, 03/02/2026
Requisitos
Grao en Enxeñaría, Matemáticas, Física ou Química
Dispoñer de boas habilidades comunicativas e interpersoais, que permitan interactuar eficazmente con estudantes, familias e compañeiros.
Valorarase positivamente contar con coñecementos acreditables noutras áreas.
Funcións
Impartir clases de matemáticas, tanto grupais como individuais, de forma presencial ou en liña.
Colaborar en proxectos e iniciativas interdisciplinares.
Fomentar un ambiente de aula positivo e inclusivo, que promova a participación activa do alumnado.
Xestionar as aulas virtuais para facilitar o estudo autónomo fóra do horario lectivo.
Participar na creación de contidos dixitais relacionados coas linguas para as redes sociais do centro.
Proceso de solicitude
As persoas interesadas poden enviar a súa candidatura a través de LinkedIn ou por correo electrónico a info@arumelabs.eu ou no formulario debaixo desta oferta, adxuntando os seguintes documentos:
Currículum vitae
Carta de presentación (opcional)
Carta de recomendación (opcional)