Libros para a PAU á venda na nosa tenda online!

3/9/2026

Seguimos dando pasos de xigante para poñer as cousas máis doadas para os nosos alumnos que están a preparar a PAU (Proba de Acceso á Universidade). Por iso temos unha gran novidade que nos fai especial ilusión anunciar: abrimos a nosa propia tenda online no que poderedes comprar os nosos libros!

Podedes adquirir o voso exemplar directamente dende a nosa web se estades a preparar a PAU de Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Bioloxía ou Química.

Estes libros están pensados para axudar ao alumnado a preparar a proba con materiais claros, estruturados e centrados no que realmente se pide nos exames da PAU, incluíndo pequenos "tips" a modo de consello, exercicios representativos e toda a teoría necesaria para poder facerlle frente á proba.

Con esta nova tenda damos un paso máis para que os nosos alumnos poidan gozar dun servizo educativo máis completo e que vaia máis aló do enfoque tradicional de clases presenciais.

Podedes visitar xa a nosa tenda online e conseguir os vosos materiais para comezar a preparar a PAU con Arume Labs!

Grazas, Sara, polo teu traballazo!

Pulsa calquera dos libros para ir á súa páxina na nosa tenda

Temos moitos plans de futuro relacionados coa nosa tenda online e moitos máis proxectos en mente, así que estade atentos a todas as nosas novidades!