
Que os teus horarios non perxudiquen o teu resultado na PAU
Con esta idea nace este curso en liña de Bioloxía, pensado para quen non poida recibir clases presenciais. O noso obxectivo principal é construír unha aprendizaxe sinxela, práctica e orientada a obter un excelente rendemento na PAU, poñendo á vosa disposición unha ampla variedade de ferramentas de estudo.
Que ferramentas ofrecemos?




Temario interactivo
Pomos á túa disposición a teoría nun formato interactivo que contén vídeos, despregables e moito máis!
Apuntes en PDF
Facilitamos os apuntes en formato PDF, nos que atoparás avisos sobre aquelas preguntas máis repetidas na PAU.


Exercicios resoltos
Para aprender a aplicar a teoría atoparás máis de cen exercicios resoltos de convocatorias anteriores.


Flashcards e tests
Ao rematar cada tema, emprega os nosos cuestionarios tipo test e flashcards para asentar todo o estudado.


Unha vez ao mes, organizamos clases en liña para resolver as vosas dúbidas. O mellor? Ti escolles o horario!
Titorías periódicas


Exames tipo PAU
Simulacros de exame real corrixidos polos nosos docentes para acostumarte ao modelo oficial

"Eu son unha persoa bastante visual no momento de estudar. En diferentes temas había recursos visuais que me axudaron moito á hora de aprender e memorizar os contidos.
Tamén agradecín moito os diferentes tipos de exercicios que había para por en práctica o aprendido."
Eva
"Os cuestionarios tipo test axudáronme moito, xa que gracias a eles moitas veces me daba conta de que había conceptos que non interiorizara ben.
Ademais, o feito de ter o temario nun formato interactivo e tamén en PDF con imaxes e notas dos docentes tamén me axudou un montón."
Ariadna
"O que máis agradecín foron os exercicios tipo PAU resoltos para por en práctica o estudado, comparar as miñas respostas coas solucións e deste xeito poder ver os meus fallos e repasar os contidos que levaba peor."
Que foi o que máis lle gustou aos nosos alumnos?
Úrsula
Dúas modalidades
Para adaptarnos perfectamente as túas necesidades, ofrecemos dúas modalidades do noso curso.




Curso sen titor
Se prefires que a túa aprendizaxe sexa totalmente autónoma, está é a túa modalidade! Poderás desfrutar de todas as ferramentas, agás dos exames e das clases mensuais, por 25€/mes.
Curso con titor
No que un dos nosos docentes te acompañará durante todo o teu proceso. É a versión completa do noso curso na que poderás desfrutar de todas as ferramentas por 40€/mes.
Aínda non estás seguro?
Se tes dúbidas ou te gustaría votarlle un ollo ao noso curso, contáctanos e axendaremos unha videochamada sen compromiso, na que estaremos encantados de mostrache a nosa plataforma e responder a todas as preguntas que teñas!
Teléfono
+34 682 73 53 84
info@arumelabs.eu